Sunday 19 de May de 2024

Expertos de España , Francia, Italia e Tunisia afondan sobre a arte e o deseño nas VII Xornadas ‘Bisiona’ organizadas pola escola Pablo Picasso da Coruña


Máis dunha ducia de expertos do ámbito artístico e musical de España, Francia, Italia e Tunisia danse cita desde hoxe ata o venres na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña para impulsar estas ensinanzas no marco das VII Xornada Bisiona que cada ano organiza este centro.

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, foi a encargada de inaugurar as xornadas nas que haberá unha serie de relatorios que abranguen todas as especialidades académicas que se imparten nesta escola. Trátase de charlas gratuítas abertas ao público ata completar aforo, aínda que con prioridade de acceso ao alumnado do centro. Ademais, na edición deste ano, a Pablo Picasso conta coa colaboración do Conservatorio Superior de Música da Coruña que, ao longo destes tres días, aproveitando os descansos das charlas, ofrecerá diferentes actuacións coa interpretación de obras do repertorio clásico contemporáneo.